Friday 29 de March de 2024

O Concello de Miño inicia os traballos de mellora da seguridade viaria en Loios.


A través desta actuación búscase dotar á zona peonil situada ao final da estrada con beirarrúas para deste xeito xerar un espazo apartado do tráfico rodado.

O proxecto reafirma a aposta do goberno local para mellorar a accesibilidade e as condicións de seguridade do municipio.